Entradas

Mostrando entradas de 2020

Día 8

Imagen
Claudia   A nosa aventura, remataba. Aínda non podo creer que fixemos esta viaxe. Foi demasiado incrible para ser verdade. Pero é certo.  E como todas as historias, esta tamén ten final.  Almorzamos no hotel, por última vez. Non tiñamos moita présa, posto que a última mañá, era para estar nas fantásticas piscinas do hotel.  As nosas nais, preferiron outra cousa, o spa. Aínda que fose a última mañá, iso non impediría que o pasásemos xenial! Sabela Espertei e cando lembrei que hoxe marchábamos de Sídney a España, erguínme dando un chimpo na cama porque quería aproveitar moi ben a miña última mañá en Australia. Pola mañá almorzamos no hotel e decidimos que era mellor non saír del, porque necesitaríamos forzas para o vó. Ía ser de 23 horas e 55 minutos! Cando as nais nolo contaron a Claudia e a mín, case caemos da sorpresa! Claudia e máis eu collimos os nosos bañadores e fumos á gran piscina do hotel, mentres as nais se relaxaban nun spa que había ao lado.

Día 7

Imagen
Claudia Xa era o último día que tiñamos enteiro para visitar Sidney. E aínda que Sabela non o sabía, tiñamos unha sorpresa para ela. Algo que xamáis imaxinaría que podería ver en persoa: coalas!  Eran os seus animais favoritos, e por fin podería velos. Pero non era o único que faríamos todo o día, non. Visitaríamos moitas outras cousas. Comezamos cos doce apóstoles, formacións rocosas de caliza golpeadas polo mar. Agora, só quedan dez dos doce “apóstoles”, pero aquelo sigue sendo impresionante.  https://es.wikipedia.org/wiki/Los_Doce_Ap%C3%B3stoles_(Victoria) Aquí podedes descubrir máis cousas sobre Os Doce Apóstoles. Sacámoslle moitas fotos, cada cal máis bonita ca a anterior, pero con moito coidado de non tocar ningunha rocha, ou de facernos dano con elas.  Logo, fumos as Blue Montains .  Nelas hai cascadas, pisicinas naturais, pobos, e miradores, dende os cales pódense apreciar vistas coma a da foto. E por último…  Byron Bay! É un pobo ao su

Día 6

Imagen
Sabela   Espertei dun largo soño e o que vin ao meu arredor… non me sorprendeu nada, a verdade. Xa sabía que estábamos nun avión destino Sidney e que estaba con Claudia ao meu carón. O que si me sorprendeu foi ver que Claudia non estaba durmida, coma a maioría de xente no avión, senón que miraba fixamente a ventá deste, cun rostro no que podíase notar un deixe de nostalxia. Pregunteille que lle pasaba e ela contoume todo o que pasara naquela noite onde se perdera por Seúl. Contoume que, cando xa non sabía que facer, unha nena chamada Sun hee axudouna a volver connosco e que a botaba moito de menos. Conmovida, aperteina, e consoleina, ata que caeu durmida.  Coidadosamente poseina no seu asento, e levanteime para ir ao baño. Pero, pensando que íame resultar complicado moverme, leveime a sorpresa de que estaba completamente estable. Cando volvín do aseo, centreime en Sidney e no hotel. Ao parecer, tiña bastante boa pinta e era de 59€ cada persoa. Facendo cálculos ment

Día 5

Imagen
Sabela Esta mañá foi a última que tíñamos para visitar Seúl, e a aproveitamos ao máximo. Primeiro espertamos ás 8:30 para facer as maletas. Despois almorzamos un pouco. Subimos ás habitacións para facer as camas e lavarnos os dentes. Baixamos á entrada do hotel onde nos esperaban as nosas nais e fumos coller o metro. Miramos o folleto turístico e, unha vez máis, escollemos o nome que nos pareceu máis espectacular. Esta vez foi o santuario de Jongmyo-Chongmyo.  Cando unha voz feminina dixo, pero en coreano, santuario de Jongmyo-Chongmyo, baixamos a présa, porque xa se estaban pechando as portas do metro. Andamos un anaco e despois alucinamos co que vimos: Unha especie de casa, alongada e baixa, cun montón de asfalto diante da mesma. <<Uau>> pensei abraiada.  Corrín por todo o patio pero parei ao ver a unha parella do que parecían ingleses mirándome con mala cara. Ao carón do santuario había unha  tenda de regalos e eu decidín comprarlle algo ao meu pai. Ao f

Día 4

Imagen
Sabela Era o último día en Seúl e todas estabamos un pouco alicaídas. Eu intentaba que non se me notara pero tiña moitas gañas de ir a Australia.  Para aproveitar a mañá, erguímonos as 9:30 da mañá e almorzamos lixeiro. Despois fumos a lavar os dentes e a preparar mais ou menos as maletas para non ter prisas ao día seguinte e atopámonos nos sofás da entrada do hotel. Xuntas collimos o metro e fumos a unha guía turística para que puidera darnos algún folleto e cando o collimos Claudia e mais eu escollimos o nome mais rimbombante que atopamos: Myeong-dong . Ao parecer é coma unha zona comercial e como Claudia e eu queríamos comprarlle algún agasallo aos nosos pais e irmáns....  Chegamos e vimos a un montón de xente, principalmente turistas pero tamén algúns cantos xóvenes coreanos. Demos un longo paseo vendo os escaparates das tendas máis estravagantes. Ao final Claudia e eu escollimos dous colgantes cos nomes dos nosos irmáns en coreano e outros dous cos nosos nomes. As nai

Día 3

Imagen
Claudia Era un novo día en Seúl. O ceo brilaba, como presaxio de que ía ser un bó día. Tiñamos moitas cousas que facer. Onte, fumos a cama bastante temprano, mortas de cansancio, pero agora tiñamos moita enerxía.  Almorzamos no hotel, e a primeira parada foi a Plaza Gwanghwamun , un espazo cultural que recrea as vistas do antigo Seúl, con seiscentos anos de historia. Sacámonos fotos diante das estatuas do almirante Yi Sun- shin  y el rey Sejong el grande, o cuarto monarca da dinastía Joseon.  Logo, a siguiente parada foi o Jogyesa Temple , un dos templos máis populares de Seúl por ser o centro do budismo en Corea. O seu altar e un dos máis sagrados para os budistas coreanos.  O seguinte foi ir a comer, no restaurante Jihwaja . Dicen que o seu servizo e excelente, e de moita calidade.  De camiño, puden ver que cando dúas ou varias persoas que se coñecen encóntranse, inclínanse para saúdar, e a reverencia e máis grande se a persoa e maior. Tamén observei que as corea