Día 7
Claudia
Xa era o último día que tiñamos enteiro para visitar Sidney. E aínda que Sabela non o sabía, tiñamos unha sorpresa para ela. Algo que xamáis imaxinaría que podería ver en persoa: coalas!
Eran os seus animais favoritos, e por fin podería velos. Pero non era o único que faríamos todo o día, non. Visitaríamos moitas outras cousas.
Comezamos cos doce apóstoles, formacións rocosas de caliza golpeadas polo mar. Agora, só quedan dez dos doce “apóstoles”, pero aquelo sigue sendo impresionante.
Aquí podedes descubrir máis cousas sobre Os Doce Apóstoles.
Sacámoslle moitas fotos, cada cal máis bonita ca a anterior, pero con moito coidado de non tocar ningunha rocha, ou de facernos dano con elas.
Logo, fumos as Blue Montains.
Nelas hai cascadas, pisicinas naturais, pobos, e miradores, dende os cales pódense apreciar vistas coma a da foto.
E por último…
Byron Bay!
É un pobo ao sur de Golden Coast, para o meu gusto, con moito encanto. Ten arredor de catro mil habitantes, pero veñen moitos turistas, debido as súas incribles praias.
Aínda que era moi temprano, non visitamos nada máis, xa que íamos a xantar moi pronto para tener máis tempo pola tarde a sorpresa que tiñamos preparada.
Que gañas!
Sabela
Hoxe foi o último día enteiro en Sidney, e aínda que me daba moita pena acabar as vacacións de Semana Santa, quería contarlle a todos a miña experienza.
Pregunteille á miña nai que íamos facer hoxe, dixo que íamos a ver un pouco as zonas máis turísticas de Sídney. Vimos os doce apóstoles, dos que quedan dez, e unha morea de cousas máis.
Despois de comer unha marabillosa comida no Platform 818, anduvemos un anaco e despois collimos un autobús.
Non sabía a onde nos dirixíamos!
Pregunteilles a miña nai, a nai de Claudia e a Claudia pero ningunha deu algunha resposta.
Ao baixar do autobús, case choro da emoción co que vin diante de mín:
Un cartelón que rezaba: Zoo
Enseguida entendín por que ocultáranno de mín.
O recinto chámase Wild Life Sydney Zoo e cando fumos a comprar as entradas non nos resultou moi complicado porque dominamos bastante ben o inglés.
Vimos coalas, que, de no ser que Claudia me arrastrou fóra de alí, eu quedaba con eles a vivir para sempre.
Tamén vimos canguros coas súas crías no bolsillo.
Despois Claudia e mais eu mercamos, eu un boneco de un coala e unha camiseta cun coala e Claudia un boneco dun canguro pequeno e unha camiseta coma a miña, pero de distinta cor.
Cando saímos do Zoo deume moitísima pena pero levaba un montón de fotografías para ensinarllas a todos.
Despois collimos outro autobús e chegamos a un parque de atracciones. Como era de noite estaba todo iluminado e era moi espectacular.
É o parque de atracciones Luna Park.
Claudia dicía que a cara do señor xigante da entrada dáballe grima, con eses dentes tan refulxentes e as fazulas tan sonroxadas e avultadas, pero, cando entrou no recinto, cambiou o seu rostro de asco por un de felicidade infinita.
Pasamos unha noite incrible, e eu gañei un boneco de oso xigante e Claudia un flamenco rosa enorme.
Cos nosos premios nos brazos, collimos un taxi e regresamos ao hotel.
Estábamos agotadas pero contentas porque o pasamos xenial no noso último día en Sídney.
Comentarios
Publicar un comentario