Día 5



Sabela


Esta mañá foi a última que tíñamos para visitar Seúl, e a aproveitamos ao máximo. Primeiro espertamos ás 8:30 para facer as maletas. Despois almorzamos un pouco. Subimos ás habitacións para facer as camas e lavarnos os dentes. Baixamos á entrada do hotel onde nos esperaban as nosas nais e fumos coller o metro. Miramos o folleto turístico e, unha vez máis, escollemos o nome que nos pareceu máis espectacular.
Esta vez foi o santuario de Jongmyo-Chongmyo. 
Cando unha voz feminina dixo, pero en coreano, santuario de Jongmyo-Chongmyo, baixamos a présa, porque xa se estaban pechando as portas do metro. Andamos un anaco e despois alucinamos co que vimos: Unha especie de casa, alongada e baixa, cun montón de asfalto diante da mesma.
<<Uau>> pensei abraiada. 
Corrín por todo o patio pero parei ao ver a unha parella do que parecían ingleses mirándome con mala cara.
Ao carón do santuario había unha  tenda de regalos e eu decidín comprarlle algo ao meu pai. Ao final decanteime por unha camiseta que poñía Jongmyo-Chongmyo e unhas figuriñas coreanas e Claudia mercoulle un tanto do mesmo ao seu pai, aínda que de distinta cor. Pero íamos aproveitar ben a nosa última mañá en Seúl. 
Primeiro internámonos no santuario e foi unha grande experiencia:  
Custodia as tabliñas que rexistran as ensinanzas da anterior familia real. Cerimonias rituais que todavía unen a música, o canto e a danza, realízanse alí, perpetuando unha tradición que comeza no século XIV. O rito real ancestral do santuario de Jongmyo e a súa música foron proclamados en 2001 e inscritos en 2008 na Listaxe Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Todo Isto o lín no folleto, claro. 
Momentos despois fumos a comer ao restaurante Jin Wonjo Dakhanmari Main Store. Estaba todo delicioso!
Máis tarde voltamos ao hotel para descansar porque a viaxe ía durar 10 horas e 35 minutos. Ás 18:00 da tarde collemos un taxi para chegar ao aeroporto. 
Mentres no taxi as nosas nais falaban entre elas Claudia e eu pegábamos as narices ás ventás do automóbil, dicindo adeus silenciosamente a Seúl.


Claudia


E xa estábamos alí, no aereporto. Non podía retrasalo máis. Tíñamos que marchar, aínda que eu non quería. 
Tratei de ser positiva, porque Australia tamén gústame, aínda que non é o mesmo. 
Sabela miroume, e eu intentei sorrir. Dous días parecíanme tan pouco… Pero eran moitos máis dos que xamáis imaxinara. E estaba moi contenta por elo. Incorporámonos a cola. Avanzaba bastante rápido.
Recordei a Sun hee. Gustaríame despedirme dela, e darlle as grazas por todo. Máis sería imposible. 
De súpeto, como se puidera leer o pensamento, apareceu. 
Aínda non sei como a recoñecín, porque a min todos os coreanos parecíanme iguais. Pero por un estraño motivo, sabíao. Ela tamén. Sorriu, e cando foi o noso turno para entrar no avión, despediuse axitando a man. 
Xa dentro do avión, sentámonos, e comezou a despegar.. Volvía a estar a carón da ventá.
Pero esta vez, o que podía ver, era Seúl, a cidade que nunca deixa de brilar.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 8

Día 7

Día 3