Día 4



Sabela


Era o último día en Seúl e todas estabamos un pouco alicaídas. Eu intentaba que non se me notara pero tiña moitas gañas de ir a Australia. 
Para aproveitar a mañá, erguímonos as 9:30 da mañá e almorzamos lixeiro. Despois fumos a lavar os dentes e a preparar mais ou menos as maletas para non ter prisas ao día seguinte e atopámonos nos sofás da entrada do hotel. Xuntas collimos o metro e fumos a unha guía turística para que puidera darnos algún folleto e cando o collimos Claudia e mais eu escollimos o nome mais rimbombante que atopamos: Myeong-dong.
Ao parecer é coma unha zona comercial e como Claudia e eu queríamos comprarlle algún agasallo aos nosos pais e irmáns.... 
Chegamos e vimos a un montón de xente, principalmente turistas pero tamén algúns cantos xóvenes coreanos. Demos un longo paseo vendo os escaparates das tendas máis estravagantes. Ao final Claudia e eu escollimos dous colgantes cos nomes dos nosos irmáns en coreano e outros dous cos nosos nomes. As nais mercaron dous abanicos con letras en coreano e foi aí cando me din conta da fame que tiña.
Fumos a un restaurante chamado Choigozip Hongdae. Todo estaba moi bó! Claudia e eu pedimos barbacoa coreana e as nais comida asiática.
Pola tarde estivemos nun parque  xogando. Era moi bonito e agradable estar alí!

Claudia


Era un novo día en Seúl, e o último. Mañá, temos que marchar enseguida para Australia, se queremos chegar a tempo. 
Todo foi incrible, pero o mellor, foi cando chegou a noite. Onte, non puidemos saír a estas horas, xa que o cansancio pudo con nós. Pero hoxe… Hoxe foi diferente. 
Na nosa habitación, puxémonos o hanbok, a roupa tradicional coreana.  Era moi graciosa! Sabela e eu non parábamos de dar voltas pola habitación cos traxes e facernos fotos con el, pero con coidado de non estropealos, posto que non eran nosos.
Despois, saímos fora. 
Carteles de neón brillantes, olores, xente caminando por todas partes tamén vestidas así... Había moitísimo caos, pero de algunha forma parecía todo organizado. 
Miraba a todas partes cos ollos moi abertos, da emoción. 
Paseamos un rato polos distintos postos de comida, onde homes e mulleres gritaban para chamar a atención da xente. 
Probamos os mulbanguldddeonk (pasteles de arroz coñecidos por ter a mesma forma e textura dunha gota de auga), os tteokgalbi (paliños feitos de pan de centeno recheos de salchichas e verduras), “pan de huevo” con semillas, o shiltareddok (pastel de arroz, que pode ser de nces ou de chocolate)... e moitas outras cousas deliciosas. Estábamos nun dos postos, cando de súpeto chegou unha gran masa de xente, que empurroume cara adiante, contra o posto, pero por sorte non me fixen dano. E cando me din a volta… Sabela e as nais non estaban! Enseguida percorreume a preocupación, porque, como ía a encontralas nun sitio tan grande, e con tanta xente? Intentei abrirme paso, pero enmpezaron a dicir unhas palabras moi extrañas, que creo que pola súa expresión non significaba nada bó. Todos querían comer! 
Entón, vin un oco entre varias persoas, e rápidamente saín por aí. Atopeime de novo entre unha morea de xente que intenta chegar ata o posto. Retrocedín, pero esta vez fun arrastrada hacia detrás. Caín no chan, e non me levantei. Estaba moi  asustada, en un sitio que non coñecía, e nin siquiera sabría como volver para o hotel. Sen darme conta, unhas bágoas comezaron a asomar dos meus ollos. E quedeime así, un rato, ata que sentín unha man sobre o meu ombreiro. 
Tratábase dunha nena de pel moi branca, cabelo negro, ollos rasgados e oscuros, de expresión amigable Tamén vestía un hanbok. Non a coñecía de nada. 
Abriu a boca, como disposta a falar, pero logo miroume mellor, e faloume en inglés. Chamábase Sun hee. Viume sentada, chorando e sóa, polo que decidiu acercarse a min. Custábame pensar que había persoas amables alí despois do que acababa de pasar.
 Aceptei a mano que me tendía, e xuntas fumos a buscalas. Buscamos durante horas, e horas, pero non aparecían. Pero por fin, cando xa perdera toda a esperanza, distinguín entre a multitude o hanbok de Sabela. Saímos correndo hacia ela, pero resultou ser unha muller co mesmo traxe. E cando menos esperaba, as atopamos. Levávamos xa bastante tempo na plaza, cando escoitei unha exclamación de sorpresa, e viñeron correndo cara min. Que alegría leveime! Non podía parar de apertalas, pero tamén vin que Sun hee, marchábase, con rapidez e en silencio. Non tive tempo de darlle as grazas, pero sentín que fixera unha nova amiga. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 7

Día 1

Día 2