Día 3


Claudia


Era un novo día en Seúl. O ceo brilaba, como presaxio de que ía ser un bó día. Tiñamos moitas cousas que facer. Onte, fumos a cama bastante temprano, mortas de cansancio, pero agora tiñamos moita enerxía. 
Almorzamos no hotel, e a primeira parada foi a Plaza Gwanghwamun, un espazo cultural que recrea as vistas do antigo Seúl, con seiscentos anos de historia. Sacámonos fotos diante das estatuas do almirante Yi Sun- shin  y el rey Sejong el grande, o cuarto monarca da dinastía Joseon. 
Logo, a siguiente parada foi o Jogyesa Temple, un dos templos máis populares de Seúl por ser o centro do budismo en Corea. O seu altar e un dos máis sagrados para os budistas coreanos. 
O seguinte foi ir a comer, no restaurante Jihwaja. Dicen que o seu servizo e excelente, e de moita calidade. 
De camiño, puden ver que cando dúas ou varias persoas que se coñecen encóntranse, inclínanse para saúdar, e a reverencia e máis grande se a persoa e maior. Tamén observei que as coreanas, non paran de mirarse en calquer cristal que atopan, incluso se é o dun automóbil! E case todos van mirando o teléfono pola rúa. 
No restaurante foi moi complicado entenderse co persoal, aínda que había un ou dous que falaban un pouco de inglés, pero non moi ben. 
Mentres non chegaba a comida, volvín a mirar para os coreanos.
Non falan na mesa, e evitan o contacto físico. Non me deu tempo a descubrir máis cousas, porque enseguida chegou a comida. 
Estaba deliciosa! E como o servicio foi tan bó, miña nai deixou unhas moedas de propiña. 
Non nos deu tempo a dar un paso fora, cando o camareiro saíu correndo, e deunos as moedas. Quedámonos paralizadas por aquel extraño comportamento. Un home, que pasaba xusto por aí, mirounos mal, e explicounos como puido que alí era de mala educación deixar propina. Pedimos disculpas, moi avergoñadas, pero en canto nos alexamos, non puidemos evitar rir a gargalladas.


Sabela


Pola mañá espertamos e fumos a almorzar. Despois collimos o metro ata a Plaza Gwanghwamun e foi unha grande experienza. 
Mais tarde visitamos Jogyesa Temple, un templo budista que ao parecer estaba bastante frecuentado.
A seguinte parada foi o restaurante Jihwaja, pero non fumos para visitalo, fumos porque tiñamos unha fame incrible. Pero pasounos  bastante rápido porque a comida estaba xenial. Sin querer lles dimos propina pero o camareiro explicounos que era de mala educación.
Avergoñadas, recollimos as nosas pertenzas e miramos o folleto turístico; seguinte parada: Palacio Changdeokgung. 
Cando baixamos do metro e subimos as escaleiras, andamos un anaco e cando chegamos segundo o Google Maps, quedamos marabilladas ante o espectáculo que tiñamos diante: un palacio enorme cunha entrada e cunhas letras enriba e coreano. Ao parecer era Patrimonio da Humanidade dende 1997! Recorrimos o palacio e vimos xigantescos edificios onde pudimos ver a gran sala de trono onde o emperador recibía aos seus súbditos.
Detrás do palacio hai un xardín chamado xardín segredo, e no que estaba tamén o estanque Buyongi. Era un lugar moi relaxante aínda que descubrimos que alí celebrábanse torneos de tiro con arco e banquetes no honor da raíña viuda.

Despois de esta gran visita fumos ao hotel e cenamos algo do bufet e despois fumos as nosas respectivas habitacións, para durmir e aproveitar o día seguinte.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 8

Día 7

Día 1