Día 6
Sabela
Espertei dun largo soño e o que vin ao meu arredor… non me sorprendeu nada, a verdade. Xa sabía que estábamos nun avión destino Sidney e que estaba con Claudia ao meu carón.
O que si me sorprendeu foi ver que Claudia non estaba durmida, coma a maioría de xente no avión, senón que miraba fixamente a ventá deste, cun rostro no que podíase notar un deixe de nostalxia.
Pregunteille que lle pasaba e ela contoume todo o que pasara naquela noite onde se perdera por Seúl.
Contoume que, cando xa non sabía que facer, unha nena chamada Sun hee axudouna a volver connosco e que a botaba moito de menos.
Conmovida, aperteina, e consoleina, ata que caeu durmida.
Coidadosamente poseina no seu asento, e levanteime para ir ao baño.
Pero, pensando que íame resultar complicado moverme, leveime a sorpresa de que estaba completamente estable.
Cando volvín do aseo, centreime en Sidney e no hotel.
Ao parecer, tiña bastante boa pinta e era de 59€ cada persoa. Facendo cálculos mentalmente, calculei que todas costaríamos 236€ en total.
Chámase Mercure Sidney Parramatta e ten unha piscina enorme, uns dormitorios abraiantes e unha recepción a mar de elegante.
Esta é unha foto do hotel dende fóra
Mirei o reloxo. Xa eran ás 5:30 da mañá! Supoñíase que íamos chegar ás 6:15, polo que acomodeime o que puiden no meu asento e durmín, para aproveitar os miñas vacacións en Sidney ao máximo.
Claudia
Si que a botaba de menos, a verdade.
Dende que despegamos, non durmín, o único que fixen foi mirar pola ventá.
Pero cando Sabela espertou, foi imposible mentirlle. Despois diso, xa non me lembro.
Chegamos as seis da mañá, e aínda que non durmira, era a única que non tiña sono. Pero nada máis meterte baixo as sabas para descansar un pouco, quedeime completamente durmida.
Sentín que alguén dábame uns golpes no ombreiro, e seguido diso, escoitábase varias voces falando a vez, sobre que se non me levantaba agora, non nos daría tempo a visitar nada. A regañadentes, o fixen, frotándome os ollos.
Era hora de visitar Sidney! Pero antes de nada, tiñamos que almorzar. Atopamos un sitio, chamado Social Brew Cafe. Teño que decir, que estaba moi bó.
Logo, empezamos coas visitas.
O primeiro, foi o Sídney Harbor Bridge, un enorme xigante de aceiro, no que só os máis valentes se atreven a cruzar.
Logo, fumos ata a Opera House, un pouco aburrida. Admito que nunca gustoume a ópera, pero o que me sorprendeu dela, foi que cada parte do seu emblemático teito branco, forma un círculo perfecto!
https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%93pera_de_S%C3%ADdney
Este é un enlace para que podades ver máis sobre a Opera House.
A seguinte parada, foi o Caffe’ Amici, un restaurante de comida italiana
E o último, foi dar un paseo polo barrio The Rocks, o primer asentamento británico da cidade.
Era precioso, sobretodo de noite, coas luces encendidas! Alí, encontramos un sitio para cear, rematando o día cun paseo pola praia Bondi Beach.
Comentarios
Publicar un comentario