Día 1


Claudia

Aínda non podo crelo. E que non podo.
Sucedeu fai dous días. Era o tres de abril de dous mil vinte, o último día do trimestre, e polo tanto, daban as notas. Recoñezo que estaba moi nerviosa, e con bastante medo de que puidesen ser malas, pero cando as vin… Eran fantásticas! Estaba moi orgullosa de mi mesma, sentía que o fixen ben, pero non estaba segura de que fose verdade. Pero aí as tiña, era a probra irrefutable. Os meus pais, sorrían contentos. E  naquel momento, non me imaxinaba o que ía pasar…Dende sempre quixen ir a Corea, aínda que parecíame un sono moi tolo, que non se podería cumplir. Por iso, non me esperaba o que me diría a miña nai a continuación : Claudia, fixécheo moi ben. Agora mesmo acabo de falar coa nai de Sabela, e parece que a súa filla tamén. Queríamos agasallaros con algo que xamáis vaiades a esquecer, porque as dúas traballachedes moito, e iso tampouco se esquéce. Por iso, en Semana Santa, iremos as catro, onde máis queredes ir.Iso xamáis o esquecería, tiña razón. E xa o sabía. Tamén sabía o sitio ao que quería ir Sabela: Australia!Sen perder máis tempo (e sen parar de darlle as grazas a miña nai), decidimos comezar a buscar vós e hoteis. Estaba moi emocionada! Parecíame unha locura, pero unha locura que podía facerse realidade. Encontramos un vó de Santiago de Compostela a Seúl, a capital de Corea do Sur, de once horas, xa que a distancia e de mil cento oitenta e catro km, e custaba quinientos oito euros por adulto, e os nenos gratis, e dicir, mil dazaseis euros! Por sorte, tiña bastante diñeiro aforrado, de moitos aniversarios e nadais, e a miña nai e a de Sabela, tamén ían contribuir. O hotel, Seúl N Hotel Dongdaemun, eran noventa e dous euros por catro noites, e dicir, mil cento oito euros en total. Aínda que é bastante caro, pensaba que en Corea ía ser moito máis.Íamos necesitar pasaporte, iso sí.

Sabela                                                   

A ver Sabeliña tranquilízate.Uf. Me da que iso é imposible. Queres saber por que? Pois porque…Ai que non me sae! A ver. Comecemos polo polo principio:O outro día foi o último día do trimestre e coma todos os anos déronnos as notas da avaliación. Coas mans tremendo (do frío, claro) recollín as miñas e abrínnas con coidado. Cal foi a miña sorpresa ao atopar todo sobresaíntes e só un nove! Madre mía, case se me sae o corazón do peito!Cheguei á casa e ensineillas aos meus pais. Estaban moi orgullosos de min! Tamén llas restreguei pola cara a miña irmá, he he he…Pero a maior sorpresa foi despois. Miña nai petou á porta do dormitorio, máis eu non lle deixei pasar porque estaba cambiándome. Entón, vin un papeliño pasar por debaixo da porta, silenciosamente. Era unha carta! Esta, rezaba: Vai á cociña…Eu, sen máis dilación, fun á cociña, intrigada pola mensaxe. O que vin aí foi o que menos esperaba; miña nai, cunhas maletas e cuns billetes de avión a… Corea do Sur? Sorrín, pensando que a Claudia lle faría moita ilusión eso. Pero entón comprendín: ía con ela e coa súa nai! Eso, ou non había outra explicación posible. Chorando de emoción, vin que noutra man tiña outros billetes diferentes. Achegueime para miralos de preto, e, coas lágrimas brotando dos meus ollos, vin que eran para Australia, o meu país favorito, igual que é Corea do Sur para Claudia!Os días seguintes preparamos as maletas. A noite anterior a nosa aventura, non podía pegar ollo. Que emoción!Á mañá seguinte despertamos moi cedo para quedar no aeroporto con  Claudia e a súa nai. Despois, almorzamos un vaso de leite con ColaCao. Que fame, mi madriña! Xa o tiñamos todo arranxado para chegar á porta de embarque, cando me din conta de que non sabía onde íamos aloxarnos. Claudia explicoumo todo e, agora sí, xuntas, collimos unha gran bocanada de aire e fumos cara a aventura, tan caprichosa e emocionante.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 8

Día 7