Día 8
Claudia
A nosa aventura, remataba. Aínda non podo creer que fixemos esta viaxe. Foi demasiado incrible para ser verdade. Pero é certo.
E como todas as historias, esta tamén ten final.
Almorzamos no hotel, por última vez. Non tiñamos moita présa, posto que a última mañá, era para estar nas fantásticas piscinas do hotel.
As nosas nais, preferiron outra cousa, o spa.
Aínda que fose a última mañá, iso non impediría que o pasásemos xenial!
Sabela
Espertei e cando lembrei que hoxe marchábamos de Sídney a España, erguínme dando un chimpo na cama porque quería aproveitar moi ben a miña última mañá en Australia.
Pola mañá almorzamos no hotel e decidimos que era mellor non saír del, porque necesitaríamos forzas para o vó. Ía ser de 23 horas e 55 minutos! Cando as nais nolo contaron a Claudia e a mín, case caemos da sorpresa!
Claudia e máis eu collimos os nosos bañadores e fumos á gran piscina do hotel, mentres as nais se relaxaban nun spa que había ao lado.
Xogamos un montón, pero despois tivemos que ir a ducharnos e cambiarnos para comer e facer as maletas.
Todas estábamos un pouco alicaídas, pero xa queríamos volver a ver aos nosos pais e irmáns.
Ás 14:00 un taxi levounos ao aeroporto de Melbourne, aínda que estábamos en Sídney e deixounos alí ás 15:30. Despois facturamos as maletas máis grandes e cada unha levamos un bulto de man. Máis tarde, fumos á porta de embarque e subimos ao avión. Aí, as nais recomendáronnos durmir, porque a viaxe ía durar 14 horas e 10 minutos e íamos baixar no aeroporto de Abu Zabi. Ás 00:25, a hora que era cando baixamos do avión, tiñamos as pernas entumecidas, e a min ocorréuseme preguntarlle a miña nai cando costara o vó. Ela dixo que eran 553€ cada persoa, e invitoume a calcular eu cando costaría en total. Con cara de matemática, calculei mentalmente 553 por 4 e, ao final, deume 2.212€, cousa que non estaba mal, dado á grande distancia que había entre España e Australia.
Despois de esperar 1 hora e 55 minutos, eran as 02:20, collimos un avión dunha duración de 7 horas e 50 minutos, no que non durmín nada, xa que xa durmira moito no anterior vó. O piloto dixo polo megáfono que xa chegáramos, e todos espertaron queixándose de que querían durmir máis. Recollimos as maletas e miramos a hora: Xa eran as 08:10 da mañá! Collimos as maletas que facturáramos e collimos os nosos coches, que nos esperaban fóra, xa que os nosos pais foran a Santiago a collelos para recollernos. Saludámolos e acto seguido nos despedimos entre nós, prometendo que volveríamos a vivir máis aventuras.
Comentarios
Publicar un comentario